viernes, 14 de febrero de 2020

A CEA DE PASCUA E A RESURRECCIÓN DE XESÚS


A CEA DE PASCUA
A cea de Pascua era unha festa do pobo xudeu. Nela celebraban que Deus os liberou da escravitude e fixo con eles unha alianza para sempre. A Pascua foi a última cea de Xesús antes de entregar a súa vida por todos.
A ÚLTIMA CEA
Xesús sabía que os seus inimigos o buscaban para matalo. É antes de que chegase ese momento, quixo celebrar a cea de Pascua cos seus amigos os apóstolos.
Durante a cea, Xesús tomou o pan que había sobre a mesa, bendiciuno, partiuno, e déullelo aos seus amigos mentres dicía:
- Tomade e comede, isto é o meu corpo, que se entrega por vós. Facede isto en memoria miña.
Logo, colleu nas súas mans a copa de viño, fixo o mesmo que co pan e díxolles:
- Bebede todos desta copa, é a copa do meu sangue, o sangue dunha nova alianza que se derrama por todos.

A RESURRECCIÓN DE XESÚS

Os apóstolos, coa resurrección, convencéronse de que Xesús era o Fillo de Deus. A vida, a morte e a resurrección de Xesús demostraron a grandeza do amor de Deus.
A resurrección de Xesús é o acontecemento máis importante da relixión cristiá porque representa a vitoria do amor e a vida sobre o pecado e a morte. Pola resurrección de Xesús sabemos que a morte é o paso a unha vida nova, feliz e para sempre.
Pola súa morte e Resurrección Xesucristo "abriunos" o ceo. Aqueles que creron nel permanecerán fieis á súa vontade participan na súa gloria.