Inmediatamente comezaron a dar
testemuño da resurrección de Xesús e a ensinar aos demais imitando o exemplo de
Xesús: dicían o que lle oíron dicir e facían o que lle viron facer.
Os apóstolos daban testemuño coas súas palabras e obras. Anunciaban a resurrección de Xesús con alegría, e
demostraban o poder do seu amor curando, perdoando, compartindo … Así invitaban
a crer en Xesús e a formar parte do grupo dos seus amigos.
Os doce apóstolos e os demais discípulos
de Xesús formaron unha comunidade. Compartían todo o que tiñan e vivían tan
unidos a Xesús que se sentían todos como
irmáns. Reuníanse nas casas para
escoitar as ensinanzas dos apóstolos, orar xuntos e celebra a eucaristía.
Antes de subir ao ceo, Xesús deixou unha misión aos seus
apóstolos, unha tarefa que cumprir,díxolles:
"Poñédevos en camiño e facede
discípulos a todos os pobos, bautizádeos no nome do Pai, do Fillo e do Espírito
Santo".
Os apóstolos cumpriron con esta misión
desde o principio.