domingo, 7 de abril de 2019


O ESPÍRITO DE XESÚS ACOMPÁÑANOS

O Espírito Santo é un regalo para todos os cristiáns, para toda a Igrexa, Con este regalo, Xesús dinos: "Douvos o meu gozo, a miña vida, a miña alegría, o meu entusiasmo, o meu amor …"

A Xesús non podemos tocalo coas nosas mans,, nin velo cos nosos ollos. Pero grazas á presenza do Espírito Santo sentimos a presenza e proximidade de Xesús.

Polo Espírito Santo, sentimos que Xesús sempre nos acompaña e apoia. Sabemos que Xesús está cerca polo amor que recibimos, cando axudamos aos necesitados, na celebración da Eucaristía, cando rezamos... Os cristiáns sentimos a súa presenza e proximidade en cada paso que damos.

Pero ademais, a acción do Espírito de Xesús:
·         Mantennos unidos a todos os cristiáns no amor de Deus.
·         Dános forza para superar as dificultades.
·         Énchenos de esperanza ante as dúbidas.

O Espírito Santo representouse con linguas de lume, cunha pomba.