Abraham, Isaac e Xacobe reciben o nome
de patriarcas por ser os proxenitores ou antepasados de Israel, o pobo elixido
por Deus. Abraham foi pai de Isaac, e Isaac pai de Xacobe. Deus cumpriu as
promesas feitas a Abraham coa axuda dos patriarcas. Estes eran amigos de Deus e
guiaron o seu pobo.
Abraham. Deus quixo que fose o pai do seu pobo. Divos prometeulle unha gran
descendencia e unha terra onde vivir chamada Canaán. As promesas de Deus
cumpríronse de inmediato. Pasaron moitos anos ata que Abraham e a súa muller Sara, sendo xa anciáns, tiveron o seu
único fillo Isaac; e os seus descendentes foron nómades durante moito tempo
antes de poder vivir estables na terra prometida de Canaán.
Isaac: Foi unha persoa pacífica. Sempre se opoñía ás pelexas e a calquera tipo
de violencia. Confiou. como o seu pai, nas promesas de Deus. Isaac casou con
Rebeca, pero non tiveron fillos. Así que Isaac pediulle a Deus que lle dese
descendencia, e Deus concedeulle dous fillos xemelgos, Esaú e Xacobe.
Xacobe e Esaú. Na antigüidade só herdaba o primeiro fillo. Esaú, por ser o maior, é quen
debía recibir a herdanza e o título de patriarca do seu pai Isaac. Pero Esaú
era insensato, e vendeulle ao seu irmán Xacobe o dereito de herdar por un prato
de lentellas. Cando Isaac era moi ancián e coa axuda da súa nai, Xacobe fíxose
pasar por Esaú. Deste xeito Xacobe puido recibir de Isaac a bendición que o
facía herdeiro e o novo patriarca.
Xacobe. Recibiu de Deus o nome de Israel. Por iso todos os seus descendentes
chámanse israelitas. Xacobe namorouse de Raquel e Raquel del. Tiveron que
esperar moitos anos e superar moitas dificultades ata que puideron ser esposos.
Xacob tivo doce fillos.
Co paso do tempo, de cada un dos fillos de Xacobe,
xurdiron grandes familias.
Así nacen as doce tribos de Israel , os doce grupos
de familias que formaron o Pobo de Deus. Cando o pobo de Israel deixou de ser
nómade e estableceuse en Canaán, o territorio dividiuse en doce partes. Cada
tribo estableceuse nunha delas.
Historia de
Xosé. Xosé foi un dos doce fillos de
Xacobe. Os seus irmáns vendérono como escravo a un rico exipcio por envexa.
Xosé era moi honrado e tiña a capacidade de interpretar os soños. Por iso, o
faraón de Exipto apreciábao moito. Pasado o tempo, houbo grandes secas, e os
irmáns de Xosé tiveron que ir a Exipto para sobrevivir. Alí Xosé acolleunos e
perdoounos.
A xénese e
o primeiro libro da Biblia. Conta como Deus creou todo (A
historia da creación), e a vida dos patriarcas. É dicir, narra a creación da
vida e a formación do pobo de Deus, Israel.